A LOITA POLA LINGUA GALEGA A TRAVÉS DUNHA VIDA
«Begoña Caamaño, a tecedora da nova mitoloxía» de María Cedrón
A historia dunhas mulleres ás que a mitoloxía clásica tiña recluídas nesa cela na que se agochan os personaxes secundarios. Begoña quixo liberalas. E liberounas.
Begoña cría que as utopías poden converterse en mundos reais. Cando menos, loitaba por iso. E non adoitaba renderse. A defensa da lingua galega, a forma que lle deu ao idioma para tecer os argumentos das súas novelas converteuna na creadora dunha nova mitoloxía. E este libro quere que aqueles que non tiveron a sorte de coñecela saiban quen foi Begoña. Paga a pena.
